Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Marco Veiga exerce de líder da Copa de España de Enduro en Cuenca

01 DE MAYO DE 2025

O elite naronés colleitou o seu terceiro triunfo consecutivo no certame estatal e Leo Álvarez logrou o segundo posto na categoría júnior

Marco-Veiga-exerce-de-lider-da-Copa-de-Espana-de-Enduro-en-Cuenca

Foto: RFEC

A fin de semana previa ao Campionato de España de Enduro serviu a Marco Veiga para deixar moi encarrilada a xeral elite da Copa de España. O rider do Ciclos Quintena asinou en Cuenca o seu terceiro triunfo absoluto consecutivo no certame estal. A falta dunha xornada puntuable, a Montefaro Enduro Race do 25 de maio en Ares e Mugardos, o naronés avantaxa en 95 puntos ao valenciano Borja Pérez (Eagle Patrol).

Vencedor scratch no Endubitem e en Monte Castelo, nesta ocasión Marco Veiga impúxose por 11 segundos a Borja Pérez ao remate do percorrido de 35 quilómetros cun desnivel positivo acumulado de 1.350 metros aproximadamente e cinco treitos cronometrados. O podio absoluto e elite do VI Enduro MTB Ciudad de Cuenca completouno o madrileño Bruno Jiménez (Tr3ce Bike), a medio minuto do galego. 

Outro representante de Ferrolterra, Leo Álvarez (Pulpeiros), marcou o segundo mellor rexistro na categoría júnior. Só o bateu o catalán e líder da xeral Aniol Arbones (Fornells de la Selva), gañador por unha marxe de 11,5 segundos. Este resultado permite ao rider da nosa comunidade escalar dúas prazas na táboa da Copa e situarse segundo, a 152 puntos do primeiro clasificado. 

No resto da actuación galega sobresaíu o quinto posto sub-23 de André Martínez (Avanza-O Porriño). En canto ao grupo de idade Máster-50, José Ernesto Camesella (Monteboi) fixo sexto, escalando ata a terceira praza da xeral, e Juan José Coego (Extol MTB Team), oitavo. 

Máis información

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es