Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Presentación da XI Ruta do Lacón - Copa de España de XCM

10 DE MAYO DE 2025

Cuntis estréase o vindeiro sábado, 17 de maio, no calendario do certame estatal de Cross Country Maratón

Presentacion-da-XI-Ruta-do-Lacon---Copa-de-Espana-de-XCM

A Ruta do Lacón dá o salto na súa undécima edición ao calendario da Copa de España de Cross Country Maratón (XCM). Exercendo de segunda cita puntuable, a proba organizada polo Club de Montaña Xesteiras disputarase o Día das Letras Galegas, o vindeiro sábado 17 de maio, coa localidade pontevedresa de Cuntis como epicentro. O prazo para inscribirse remata o martes, día 13, ás 23:59 horas. Fai click nesta ligazón para inscribirte.

A cita galega na Copa de España XCM 2025 foi presentada este venres na biblioteca municipal de Cuntis coa presenza de Manuel Campos, alcalde de Cuntis; Daniel Benavides, xefe provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Isabel Couselo, xefa territorial de Cultura, Lingua e Xuventude; Tono Nartallo, presidente do Xesteiras; Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Ciclismo Galego; e Ricardo Martinez, deputado provincial.

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es