27 DE AGOSTO DE 2022
Gustavo César Veloso, Ricardo Buba, Aida García, Gustavo Rodríguez e Andrea Iglesias serán algúns dos participantes o vindeiro domingo 11 de setembro na Marcha Cicloturista Concello de Gondomar. O evento organizado polo Club Ciclista Gondomar alcanza a súa XXII edición e presenta un percorrido de 100 kilómetros.
Ás 09:30 horas as e os cicloturistas comezarán a darlle aos pedais. Haberá dous treitos libres (San Xián e Monte Aloia), dous avituallamentos líquidos e sólidos (Amorín e Monte Aloia) e un avituallamento sólido (Alto de San Xián).
A organización obsequiará ao club chegado dende máis lonxe, ao máis numeroso (4 participantes como mínimo) e aos cicloturistas de menor e maior idade tanto na categoría feminina como na masculina. Tamén serán distinguidos as tres primeiras e os tres primeiros en coroar o Monte Aloia. Ademais da entrega de premios, á conclusión da marcha serviranse uns "fabulosos pinchos" acompañados de auga, refrescos e cervexa.
Os dorsais repartiranse o día da marcha entre as 8:00 horas e as 9:00, e con eles un agasallo a cada participante. O prazo de inscrición para os NON FEDERADOS remata o día 8 ás 23:59 horas. Inscricións en www.clubciclistagondomar.org
Co número de dorsal realizase un sorteo con varias sorpresas. Da animación da marcha encargarase como speaker Victorio Rodríguez.
Fonte: Club Ciclista Gondomar
CICLOTURISMO
CICLOTURISMO
CICLOTURISMO
CICLOTURISMO
AVISOS
AVISOS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es