08 DE FEBRERO DE 2023
A Federación Ciclismo Galego (FCG) desexa que a súa gala anual sirva este sábado para render unha gran homenaxe aos dirixentes máis históricos do deporte da bicicleta na nosa comunidade. Por ese motivo, o capítulo de Mencións Especiais contará nesta ocasión co apartado 'Os Imprescindibles do Ciclismo'. Unha quincena de dirixentes, que teñen en común a dedicación aos seus clubs durante varias décadas, recibirán un máis que merecido recoñecemento a partir das 20:00 horas na Casa da Cultura 'Ramón Martínez López' de Boiro.
Outras traxectorias distinguidas serán as de Álex Marque, un dos mellores ciclistas profesionais galegos do último decenio e que se retirou ao remate da pasada campaña, e o xuíz árbitro Arturo Roig Pereira. Ademais, lembraranse as figuras dos recentemente desaparecidos José Luis Neira -presidente do Club Ciclista Compostelano-, Benito Carballal -piloto de Moto Volta Galicia- e a do empresario Magín Froiz. A nómina de galardoados tamén inclúe ao Concello de Boiro, aos clubs que alcanzaron as súas vodas de prata, aos equipos que se clasificaron a pasada campaña entre os tres primeiros nos rankings estatais de estrada e á empresa Aluminios Cortizo na categoría de patrocinadores.
A lista completa de Mencións Especiais é a seguinte:
Concello de Boiro - Premio Mobilidade Urbana
Alejandro Marque Porto - Premio á traxectoria deportiva
Arturo Roig Pereira - Premio pola súa xubilación como xuíz árbitro
Aluminios Cortizo - Apoio ao ciclismo
José Luis Neira Fontao - In Memoriam
Benito Carballal - In Memoriam
Magín Alfredo Froiz Planes - In Memoriam
Padronés Cortizo - Premio 1º equipo Ranking Elite RFEC
Vigo-Rías Baixas - Premio 3º equipo Ranking Elite RFEC
Meira, C.C. - Premio polo seu 25 aniversario
Rías Baixas, C.C. - Premio polo seu 25 aniversario
Valdeorras Bike, P.C. - Premio polo seu 25 aniversario
Gerardo Álvarez Martínez (O Rosal, C.C) - Os Imprescindibles do Ciclismo
Jose Carlos Vidal Otero (Vigués, C.C.) - Os Imprescindibles do Ciclismo
Ricardo Riveiro Núñez (Barbanza, C.C.) - Os Imprescindibles do Ciclismo
Horacio Barros González (Spol) - Os Imprescindibles do Ciclismo
José Antonio Ramos Basteiro (Teis, C.C.) - Os Imprescindibles do Ciclismo
Cesáreo Borrajo García (Maceda, C.C.) - Os Imprescindibles do Ciclismo
Carlos Moure Castro (Ourensano) - Os Imprescindibles do Ciclismo
Estanislao Vázquez Rey (Padronés, C.C.) - Os Imprescindibles do Ciclismo
Manuel Tallón Mesías (Teo) - Os Imprescindibles do Ciclismo
José García Varela (Betanzos, C.C.) - Os Imprescindibles do Ciclismo
José María Fernández Seijas (Cidade de Lugo, C.C.) - Os Imprescindibles do Ciclismo
Juan Manuel Martínez Rey (Ferrol, C.C.) - Os Imprescindibles do Ciclismo
José Roberto Rey González (Traviesas, C.C.) - Os Imprescindibles do Ciclismo
Fernando Domato Fernández (Ría de Vigo, C.C.) - Os Imprescindibles do Ciclismo
Luís López López (Milagrosa, C.C.) - Os Imprescindibles do Ciclismo
EVENTOS
EVENTOS
EVENTOS
EVENTOS
EVENTOS
EVENTOS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es