16 DE JULIO DE 2025
Os Campus Ciclismo Galego deste verán están a punto de comezar a rodar e teñen novidades de última hora. O que se vai celebrar máis tarde, o de Ciclocrós en Culleredo do 4 ao 7 de setembro, vén de abrir o seu prazo para inscribirse. A este campamento poden apuntarse rapaces e rapazas con licenza Infantil, Cadete e Júnior na temporada 2026 (de Alevín de 2º ano a Júnior de 1º na temporada 2025).
O número máximo de participantes é de 40 ciclistas. A inscrición ten un prezo de 240 euros e o prazo para anotarse remata o 1 de setembro ás 23:59 horas. Fai click nesta ligazón para inscribirte
A oferta de campus comeza co de XCO en Marín, que se adianta un día e arrancará o vindeiro mércores 23 de xullo. O programa de actividades pecharase cunha moi especial. O sábado 26 este campamento asistirá ao Campionato de Europa de Cross Country Olímpico que se disputará no municipio portugués fronteirizo de Melgaço para animar aos bikers galegos que poidan competir -aínda non se coñoce a convocatoria da selección española- na gran cita continental.
A convivencia que se cae da programación prevista para este verán é o de Mini DH. Queda suspendido o campus que ía ter lugar a mediados de agosto na Estación de Montaña de Manzaneda.
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es