20 DE MAYO DE 2025
Fotos: RFEC
Dous galegos finalizaron o pasado domingo a súa participación coa selección española en eventos disputados no estranxeiro. En Italia, o coruñés Damián Ramos asinou un cuarto e un quinto posto na Copa do Mundo de Ciclismo Paralímpico que tivo lugar en Maniago. Tamén sobre o asfalto, neste caso en Polonia, o carballés Tomás Pombo estreouse co combinado estatal Sub-23 completando as catro xornadas do G.P.Orlen, cita da Copa das Nacións UCI.
Sexto e sétimo na cita inaugural da Copa do Mundo, o defensor do título na clase 4 de bicicleta adaptada mellorou os seus resultados de Ostende en Maniago. Damián Ramos quedou a 1 minuto do podio na contra o reloxo do venres e na carreira de fondo non rematou entre os tres primeiros por cuestión de centímetros. O paraciclista do Lasal Cocinas - Craega formou parte do grupo de catro corredores que se xogou a vitoria ao esprint e cruzou a liña de meta pechando o cuarteto por detrás do gañador Archie Atkinson (Gran Bretaña), do segundo clasificado Gatien Le Rousseau (Francia) e de Bartlomiej Bertolin (Polonia).
Outro certame da UCI, a Copa das Nacións Sub-23, abriu o seu calendario 2025 no esixente G.P. Orlen. As súas catro tiradas, tres delas con chegada no alto de Arlamow, completounas Tomás Pombo. O ciclista do Padronés Cortizo, de primeiro ano na categoría, debutou co combinado estatal Sub-23 amosando regularidade. Concluíu a rolda polaca no posto 34, a 7 minutos e 25 do vencedor Marco Schrettl (Austria) e como segundo mellor clasificado da selección española na xeral.
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es