Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Convocatoria de Galicia para o Campionato de España Escolar 2025

02 DE JULIO DE 2025

A Selección acode con 34 ciclistas infantís e cadetes a Tarazona de la Mancha

Convocatoria-de-Galicia-para-o-Campionato-de-Espana-Escolar-2025

Durante tres días, dende este venres día 4 de xuño ata o domingo 6, a localidade albaceteña de Tarazona de la Mancha congregará a centos de rapaces e rapazas para a disputa do Campionato de España de Ciclismo Escolar 2025. Para participar tanto nas probas de Estrada como de BTT, a Selección de Galicia despraza un total de 34 infantís e cadetes. A convocatoria confeccionada polos selecionadores José Alberto del Río e Jacobo Ucha é a seguinte:

 

BTT INFANTIL F

Lara Fernández López (Cambre, C.C.)

Marta Utrera Carballo (Armenteira e Punto, C.)

Jimena Novo Riveiro (Farto, C.C.)

Uxía Giráldez Alonso (Avanza-O Porriño, A.D.)

 

BTT INFANTIL M

Sergio Villaverde Santos (Avanza-O Porriño, A.D.)

Jose Manuel Rouco Durán (Cambre, C.C.)

Mateo Hermida Bastos (Lynalfa-Ponteareas, C.C.)

Hugo Rodríguez Sanjuán (Máster da Louriña, C.)

 

BTT CADETE F

Xiana Seijo Sánchez (Caimanes Betanzos, C. BTT)

Nerea Soto Álvarez (Lynalfa-Ponteareas, C.C.)

Iris Santana Cacabelos (Coruxo, C.C.)

Carla Hermida Valledor (Esmelle, C.)

 

BTT CADETE M

Guillermo García Alonso (Avanza-O Porriño, A.D.)

Arón Gómez Solla (Coruxo, C.C.)

Lucas Lozano González (XSM, C.C.)

Pedro Cidrás Álvarez (XSM, C.C.)

 

imagen

 

ESTRADA INFANTIL F

Estela Yáñez Loureiro (Tríatlon Coruña, C.)

Zoe Rodríguez Martínez (Ciclismo Oiense, A.R.)

Alba Ruíz Vázquez (Betanzos, C.C.)

Anxa Gómez Sánchez (Betanzos, C.C.) 

 

ESTRADA INFANTIL M

Breixo Rodríguez Cid (Clementina Cycling Team)

Raúl Fernández Simón (Cambre, C.C.)

Mario Miguélez Zotes (Compostelano, C.C.)

Hugo Pita Pazós (Tríatlon Betanzos, C.)

 

ESTRADA CADETE F

Leire García Abad (Lynalfa-Ponteareas, C.C.)

Vega Aldrey Ventureira (Cambre, C.C.) -CRI-

Antía Torres Alonso (Teis, C.C.)

Tania Rodríguez Lago (Teis, C.C.)

Carla Ballester Yanes (Betanzos, C.C.)

 

ESTRADA CADETE M

Aarón Rodríguez Arenas (Lynalfa-Ponteareas, C.C.)

Marco Núñez Charlín (Ribadumia, C.C.)

Lucas Blanco Mosquera (Cambre, C.C.) -CRI-

Héctor Rodríguez Saqués (Cambre, C.C.)

Breixo Cochón Justo (Poio Bike Club)

 

O programa de competición estará estruturado da seguinte forma: o venres celebraranse as Contra o Reloxos por Equipos para cadetes, as Contra o Reloxos Individuais para cadetes e as probas de xincana infantís. Tanto as CRI como as CRE disputaranse sobre un trazado de 6,2 quilómetros con saída e chegada na Praza Maior da localidade.

O sábado pola mañá terán lugar as carreiras de BTT XC para infantís e cadetes, mentres que pola tarde celebraranse as carreiras en ruta na estrada para infantís. As probas de BTT disputaranse na Paraje del Carrasco, onde os participantes poñeranse a proba nun circuíto de 2,2 km repleto de sendas de distinta dificultade. A carreira infantil en ruta (17,7 km) celebrarase sobre un circuíto duns 6 quilómetros no que a maior dificultade residirá na parte final, cunha subida de ao redor de 1 km que pode marcar diferenzas.

Xa o domingo, e como colofón ao Campionato, disputaranse as probas en liña en estrada para ciclistas cadetes. Tanto os mozos como as mozas cadetes enfrontaranse a un circuíto duns 22 km con saída e chegada na Praza Maior de Tarazona de la Mancha. Os ciclistas afrontarán un circuíto principalmente chairo, con dúas subidas que poden seleccionar a carreira e coas altas temperaturas e o vento como posibles elementos tamén a ter en conta de fronte ao desenlace final.

Máis información 

 

 

 

 

 

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es