21 DE ABRIL DE 2025
A novena edición da Challenge As Rías Baixas preséntase cargada de alicientes. A fin de semana de ciclismo organizada polo Máster da Louriña arrancará o sábado 3 de maio cun dobre sector, a etapa da mañá en Mos será puntuable para a Copa Galicia Máster e a contra o reloxo da tarde en Ponteareas exercerá de Campionato de Galicia de CRI para os grupos de idade Máster-30, 40, 50 e 60. Despois dunha xornada de máxima intensidade, os gañadores finais da xeral decidiranse o domingo no Gran Premio do Porriño.
A 'crono' na que porán en xogo as coroas autonómicas comezará ás 17:30 horas e ofrece un percorrido de 11 quilómetros. Un trazado para especialistas cun desnivel acumulado de 150 metros. Os títulos CRI das categorías máster conseguíronos o ano pasado Pablo Marcos nos 30, Diego Álvarez nos 40, José María Tajes nos 50 e Ernesto Ortiz nos 60.
O prazo para inscribirse na IX Challenge As Rías Baixas conclúe o 30 de abril ás 23:59 horas. Fai click nesta ligazón para apuntarte
CARRETERA
CARRETERA
CARRETERA
CARRETERA
CARRETERA
FORMACIÓN
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es