20 DE MAYO DE 2025
A provincia de Lugo acolle por segundo ano consecutivo o Campionato de Galicia de Contra o Reloxo Individual en Estrada. A emoción da pugna polas camisolas autonómicas de CRI terá como escenario o concello de Castro de Rei o sábado 31 de maio. Co Clube Ciclista Cidade de Lugo como anfitrión, Castro Ribeiras de Lea será dende as 16:00 horas o punto de partida e de chegada de dous percorridos ideais para rodar a altas velocidades na comarca da Terra Chá.
A distancia longa, de 19,7 quilómetros, agarda ás categorías femininas e masculinas Júnior, Sub-23 e Elite, así como ás mulleres Máster. Un trazado principalmente chairo con epicentro na Rúa do Mercado e no que se transita polas parroquias de Triabá, Xustás, Beloi e San Xiao de Mos. Os grupos de idade Máster masculinos non competirán nesta cita porque o seu Campionato de CRI disputouse o pasado 3 de maio en Ponteareas.
O percorrido curto, de 13,9 km, afrontarano as categorías Infantil, Cadete e de Paraciclismo. Coa mesma liña de saída e de meta que no itinerario longo, neste caso elimínase o traxecto por Xustás. Ambos itinerarios responden ás características das e dos especialistas nas 'cronos'.
O prazo para inscribirse xa está aberto e remata o próximo mércores, día 28 de maio, ás 23:59 horas. Fai click nesta ligazón para anotarte
O ano pasado o Campionato de Galicia CRI celebrouse noutra localidade lucense, máis ao sur da provincia, na Pobra do Brollón. Os títulos no 2024 obtivéronos Antía Torres e Ariel Soto en Infantil, Alejandra Neira e Anxo Delgado en Cadete, Lucía Piñón e Tomás Pombo en Júnior, Carmen Mallo e Alejandro Paz en Sub-23, María Jesús Barros e Juan Vidal en Elite, Natalia Raña nas Máster-40, Óscar López en MC3, Ángel López en MH2, Daniel Prada en MH3 e Álvaro Illobre en MH4.
SELECCIÓNS
CARRETERA
CARRETERA
CARRETERA
FORMACIÓN
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es