Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Damián Ramos achégase ao podio da Copa do Mundo de Ciclismo Paralímpico en Maniago

20 DE MAYO DE 2025

Tomás Pombo completou o G.P. Orlen da Copa das Nacións Sub-23

Damian-Ramos-achegase-ao-podio-da-Copa-do-Mundo-de-Ciclismo-Paralimpico-en-Maniago

Fotos: RFEC

Dous galegos finalizaron o pasado domingo a súa participación coa selección española en eventos disputados no estranxeiro. En Italia, o coruñés Damián Ramos asinou un cuarto e un quinto posto na Copa do Mundo de Ciclismo Paralímpico que tivo lugar en Maniago. Tamén sobre o asfalto, neste caso en Polonia, o carballés Tomás Pombo estreouse co combinado estatal Sub-23 completando as catro xornadas do G.P.Orlen, cita da Copa das Nacións UCI. 

Sexto e sétimo na cita inaugural da Copa do Mundo, o defensor do título na clase 4 de bicicleta adaptada mellorou os seus resultados de Ostende en Maniago. Damián Ramos quedou a 1 minuto do podio na contra o reloxo do venres e na carreira de fondo non rematou entre os tres primeiros por cuestión de centímetros. O paraciclista do Lasal Cocinas - Craega formou parte do grupo de catro corredores que se xogou a vitoria ao esprint e cruzou a liña de meta pechando o cuarteto por detrás do gañador Archie Atkinson (Gran Bretaña), do segundo clasificado Gatien Le Rousseau (Francia) e de Bartlomiej Bertolin (Polonia).

Máis información

imagen

Outro certame da UCI, a Copa das Nacións Sub-23, abriu o seu calendario 2025 no esixente G.P. Orlen. As súas catro tiradas, tres delas con chegada no alto de Arlamow, completounas Tomás Pombo. O ciclista do Padronés Cortizo, de primeiro ano na categoría, debutou co combinado estatal Sub-23 amosando regularidade. Concluíu a rolda polaca no posto 34, a 7 minutos e 25 do vencedor Marco Schrettl (Austria) e como segundo mellor clasificado da selección española na xeral. 

Máis información

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es