Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Damián Ramos inicia en Ostende a defensa da súa coroa na Copa do Mundo

30 DE ABRIL DE 2025

O paraciclista coruñés da clase C4 disputará este venres a contra o reloxo e o domingo a proba en liña coas cores da selección española

Damian-Ramos-inicia-en-Ostende-a-defensa-da-sua-coroa-na-Copa-do-Mundo

Foto: RFEC

A cidade belga de Ostende abre esta semana o calendario internacional de grandes citas do Ciclismo Paralímpico co primeiro evento puntuable da Copa do Mundo. A clasificación xeral da clase 4 de bicicleta adaptada tivo o ano pasado como gañador final ao coruñés Damián Ramos e dende este venres o corredor do Lasal Cocinas-Craega defenderá a súa coroa. Formando parte da selección española agárdalle unha contra o reloxo e, dous días despois, a carreira de fondo do domingo. 

O herculino e os outros dezaoito convocados polo combinado estatal estréanse ás ordes da nova seleccionadora Begoña Luis Pérez. Damián Ramos acadou a pasada campaña en Ostende a vitoria na CRI e a terceira posición na proba en liña, deixando sentenciado o título da Copa do Mundo. Meses despois colgouse a medalla de bronce na 'crono' dos Xogos Paralímpicos de París. Aos seus 38 anos apunta outra vez a obxectivos ambiciosos no arranque da temporada a nivel internacional.

Máis información

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es