04 DE JUNIO DE 2025
Foto: RFEC
A estrea de Martín Rey coa selección española Sub-23 acabou en celebración. O vilagarcían e o resto de corredores do combinado estatal festexaron a vitoria do valenciano Pau Martí na xeral da Carreira da Paz, proba de catro días disputada na República Checa e pertencente á Copa das Nacións da Unión Ciclista Internacional (UCI). O ciclista do Padronés Cortizo contribuíu co seu traballo á conquista da camisola amarela.
O mellor resultado individual do arousán foi o da primeira etapa, ao rematar 37º na liña de meta de Sternberk. O equipo dirixido polo seleccionador Pascual Orengo apostou dende o inicio desta prestixiosa proba por Pau Martí como xefe de filas e tivo que asumir o control do pelotón na última tirada despois de que o corredor do Israel Premier Tech Academy se vestira de líder na véspera. Logo dun sensacional labor colectivo, Martín Rey concluíu no posto 60 da xeral.
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es