Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Lorena Patiño acode coa selección española de XCO á Copa do Mundo de Nove Mesto

21 DE MAYO DE 2025

A marinense disputará a carreira júnior este sábado

Lorena-Patino-acode-coa-seleccion-espanola-de-XCO-a-Copa-do-Mundo-de-Nove-Mesto

A selección española de Cross Country Olímpico (XCO) efectuará a súa primeira actividade da temporada esta fin de semana nun dos escenarios máis míticos da Copa do Mundo: o circuíto de Nove Mesto. Unha das referencias do combinado estatal no trazado checo será a júnior Lorena Patiño (Decathlon Misser Project), vixente campioa de España. A corredora marinense forma parte da convocatoria de 17 bikers confeccionada pola seleccionadora Anna Villar.

O programa desta Copa do Mundo de Nove Mesto contempla que durante as xornadas de mañá, xoves, e o venres realizaranse os adestramentos oficiais para que os corredores poidan recoñecer un dos trazados máis técnicos e afamados do circuíto mundial da UCI. O sábado 24 de maio celebrarase a partir das 13:00 h a carreira júnior feminina. 

Lorena Patiño tivo que abandonar a pasada fin de semana por mor dunha caída en Heubacher (Alemaña) cando estaba loitando polo top-5 nun evento das UCI Junior Series coas cores do seu un equipo. Na República Checa atoparase un circuíto que pertence á Copa do Mundo dende o 2011 e que se caracteriza polas súas subidas e baixadas con grandes pendentes, así como polos seus rock gardens e treitos con raíces, que esixirán o máximo nivel de destreza, especialmente se aparece a chuvia. 

Máis información

 

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es