02 DE JULIO DE 2025
Durante tres días, dende este venres día 4 de xuño ata o domingo 6, a localidade albaceteña de Tarazona de la Mancha congregará a centos de rapaces e rapazas para a disputa do Campionato de España de Ciclismo Escolar 2025. Para participar tanto nas probas de Estrada como de BTT, a Selección de Galicia despraza un total de 34 infantís e cadetes. A convocatoria confeccionada polos selecionadores José Alberto del Río e Jacobo Ucha é a seguinte:
BTT INFANTIL F
Lara Fernández López (Cambre, C.C.)
Marta Utrera Carballo (Armenteira e Punto, C.)
Jimena Novo Riveiro (Farto, C.C.)
Uxía Giráldez Alonso (Avanza-O Porriño, A.D.)
BTT INFANTIL M
Sergio Villaverde Santos (Avanza-O Porriño, A.D.)
Jose Manuel Rouco Durán (Cambre, C.C.)
Mateo Hermida Bastos (Lynalfa-Ponteareas, C.C.)
Hugo Rodríguez Sanjuán (Máster da Louriña, C.)
BTT CADETE F
Xiana Seijo Sánchez (Caimanes Betanzos, C. BTT)
Nerea Soto Álvarez (Lynalfa-Ponteareas, C.C.)
Iris Santana Cacabelos (Coruxo, C.C.)
Carla Hermida Valledor (Esmelle, C.)
BTT CADETE M
Guillermo García Alonso (Avanza-O Porriño, A.D.)
Arón Gómez Solla (Coruxo, C.C.)
Lucas Lozano González (XSM, C.C.)
Pedro Cidrás Álvarez (XSM, C.C.)
ESTRADA INFANTIL F
Estela Yáñez Loureiro (Tríatlon Coruña, C.)
Zoe Rodríguez Martínez (Ciclismo Oiense, A.R.)
Alba Ruíz Vázquez (Betanzos, C.C.)
Anxa Gómez Sánchez (Betanzos, C.C.)
ESTRADA INFANTIL M
Breixo Rodríguez Cid (Clementina Cycling Team)
Raúl Fernández Simón (Cambre, C.C.)
Mario Miguélez Zotes (Compostelano, C.C.)
Hugo Pita Pazós (Tríatlon Betanzos, C.)
ESTRADA CADETE F
Leire García Abad (Lynalfa-Ponteareas, C.C.)
Vega Aldrey Ventureira (Cambre, C.C.) -CRI-
Antía Torres Alonso (Teis, C.C.)
Tania Rodríguez Lago (Teis, C.C.)
Carla Ballester Yanes (Betanzos, C.C.)
ESTRADA CADETE M
Aarón Rodríguez Arenas (Lynalfa-Ponteareas, C.C.)
Marco Núñez Charlín (Ribadumia, C.C.)
Lucas Blanco Mosquera (Cambre, C.C.) -CRI-
Héctor Rodríguez Saqués (Cambre, C.C.)
Breixo Cochón Justo (Poio Bike Club)
O programa de competición estará estruturado da seguinte forma: o venres celebraranse as Contra o Reloxos por Equipos para cadetes, as Contra o Reloxos Individuais para cadetes e as probas de xincana infantís. Tanto as CRI como as CRE disputaranse sobre un trazado de 6,2 quilómetros con saída e chegada na Praza Maior da localidade.
O sábado pola mañá terán lugar as carreiras de BTT XC para infantís e cadetes, mentres que pola tarde celebraranse as carreiras en ruta na estrada para infantís. As probas de BTT disputaranse na Paraje del Carrasco, onde os participantes poñeranse a proba nun circuíto de 2,2 km repleto de sendas de distinta dificultade. A carreira infantil en ruta (17,7 km) celebrarase sobre un circuíto duns 6 quilómetros no que a maior dificultade residirá na parte final, cunha subida de ao redor de 1 km que pode marcar diferenzas.
Xa o domingo, e como colofón ao Campionato, disputaranse as probas en liña en estrada para ciclistas cadetes. Tanto os mozos como as mozas cadetes enfrontaranse a un circuíto duns 22 km con saída e chegada na Praza Maior de Tarazona de la Mancha. Os ciclistas afrontarán un circuíto principalmente chairo, con dúas subidas que poden seleccionar a carreira e coas altas temperaturas e o vento como posibles elementos tamén a ter en conta de fronte ao desenlace final.
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es