29 DE MARZO DE 2023
Foto: Extol MTB Team
A Estrada acolleu este domingo a terceira proba da Transgalaica, unha competición que reuniu a uns 300 ciclistas. Diego Alonso (V Bikes), gañador xa das citas de Cerdedo-Cotobade e Ames, e Susana Alonso (Extol) foron os primeiros clasificados
Diego Alonso foi o gran dominador da carreira masculina, prolongando así a súa hexemonía na Transgalaica deste ano. O vencedor completou o percorrido en dúas horas e 53 minutos, superando en case dous minutos e medio ao segundo, Brandán Márquez, vencedor na Estrada na carreira o ano pasado. O podio masculino completouno Diego Rey, seguido do dezán do RG Bikes Team, Esteban Sánchez, primeiro entre os Máster 30. Entre os Sub-23 o mellor foi Iván Belmonte, quinto en meta. Diego Alonso segue por suposto liderando a clasificación xeral da Transgalaica con dúas probas por celebrarse, a de Silleda –o día 23 de abril– e a de Cabeza de Manzaneda.
En canto á categoría feminina, Susana Alonso levou a súa primeira vitoria da temporada na Transgalaica tras o seu segundo posto en Cotobade. A segunda posición foi para Raquel Román, con Cecilia Abal como terceira. Patricia Bacelo, líder a xeral ata esta carreira, foi cuarta.
Na clasificación do futuro gañou Adrián Caamaño por diante de Noe Pérez e Martín Maquieira.
Fonte: Faro de Vigo
BTT
BTT
SELECCIÓNS
BTT
BTT
BTT
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es