09 DE ABRIL DE 2025
O calendario 2025 da Copa de España de Enduro chega ao seu ecuador coa disputa este domingo 13 de abril da súa terceira proba: o V Enduro Monte Castelo Burela, unha das probas con máis personalidade de cantas celébranse desta modalidade a nivel estatal e que grazas a iso cada ano conta con máis adeptos e participantes.
O Club Cerezo Bikes, responsables da organización da proba, deseñou un atractivo percorrido que contará con cinco treitos cronometrados e un total de 26 km e 1.450 metros de desnivel onde cada un dos inscritos terá que demostrar a súa fortaleza sobre a bici e técnica de pilotaxe, pois o trazado é esixente nese aspecto.
No que respecta á xeral da Copa de España, o naronés Marco Veiga (Ciclos Quintena) encabeza a clasificación absoluta masculina con 355 puntos, polos 330 de Borja Pérez e os 239 de Agustí Cirera. Na feminina, Marta Jordán suma tamén 355 puntos, mentres que Candela Ruiz e Celia Lanaspa ocupan a segunda e terceira praza con 295 e 260 puntos respectivamente. Ambos líderes da xeral estarán presentes en Burela para defender o seu lideradoo e terán en fronte como principais adversarios a Pérez e Cirera, segundo e terceiro da xeral, así como a Edgar Carballo e Juan Gabriel Torralba no caso de Veiga, mentres que Jordán terá que enfrontarse á múltiple campioa de España Sara Yusto e ás irmás Ménendez, Natalia e Cristina.
Este V Enduro Monte Castelo Burela conta, ademais, coa particularidade de que se celebrará un tramo de descenso urbano que transcorrerá integramente polas rúas de Burela e que constitúe un gran atractivo para os corredores e habitantes da localidade.
BTT
BTT
BTT
BTT
FORMACIÓN
BTT
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es