26 DE MARZO DE 2024
Fotos: Marcos Caetano Vázquez
A terceira cita da Transgalaica 2024 puxo fin á histórica xeira de triunfos de Diego Álvarez. Finalmente a marca quedou en sete, dado que na localidade pontevedresa de Silleda o corredor tudense do V Bikes estivo moi lonxe do seu rendemento habitual e finalizou en oitava posición.
A vitoria na categoría masculina levouna Iván Feijoo no seu debut na Transgalaica e despois dunha longa temporada fóra da competición. O alaricano do Academia Postal - Maceda dominou a proba de principio a fin e alcanzou a meta de Bandeira con mais de 1 minuto de vantaxe sobre os incombustibles Javi Busto e Brandán Márquez. Diego Álvarez, a pesar do esvarón, segue encabezando a clasificación xeral a falta de dous maratóns.
Na categoría feminina rexistrouse un triunfo incontestable de Carla Fernández. A viguesa do QuéBici-Marcisport estreouse na Transgalaica 2024 impoñéndose a Susana Alonso. Raquel Román, que rematou terceira, segue afianzando o seu liderado na xeral e é agora a máxima favorita para o triunfo final.
Adrián Caamaño repetiu a súa vitoria de Ames na Transgalaica do Futuro sobre o berciano e líder desta categoría Iker Novo. Lonxe dos dous primeiros clasificados completou o podio Xian Agra.
Na clasificación por equipos viviuse a proba máis disputada ata o de agora. Finalmente levou o primeiro posto o Extol-Zambora, pero por escasa diferenza sobre o V Bikes Team e o CDM Xesteiras.
O cuarto e penúltimo desafío da Transgalaica 2024 terá lugar o 7 de abril no municipio lucense de Friol.
SELECCIÓNS
BTT
SELECCIÓNS
BTT
SELECCIÓNS
BTT
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es