14 DE MARZO DE 2024
A terceira edición da Challenge Volta O Barbanza 'A Orixe' disputarase do sábado 23 de marzo ao domingo 24 de marzo. A competición de categoría junior contará cun total de 180 quilómetros divididos en dúas etapas. A primeira proba terá lugar no municipio de Boiro e a segunda no concello de A Pobra do Caramiñal. Un ano máis, a carreira estará organizada polo Club Ciclista Barbanza.
A competición xuvenil contará coa participación dos mellores equipos estatais da categoría e promesas do ciclismo que moitas delas brillarán nun futuro. Por diante, os corredores afrontarán unha primeira etapa de 97,1 quilómetros e unha segunda de 83,1 quilómetros marcados por unha extrema dureza no percorrido. Ademais, ambas probas serán puntuables para a clasificación da Real Federación Española de Ciclismo.
O pasado ano Sergio Romeo (MMR) conseguiu levar o triunfo da Challenge Volta O Barbanza 'A Orixe' 2023 tras finalizar en sétima posición a primeira etapa e conseguir a vitoria ao día seguinte. Sergio Calvo (Vigo – Rías Baixas) e Gerard Cano (Kometa), segundo e terceiro, completaron o pódium.
A primeira etapa que se desenvolverá no municipio de Boiro comezará ás 16:30 h e a segunda etapa que terá lugar no concello de A Pobra do Caramiñal empezará ás 11:30 h. Esta terceira edición da Challenge Volta O Barbanza 'A Orixe' estará financiada pola Mancomunidade Barbanza Arousa e apoiada polos Concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira; a Deputación da Coruña; a Xunta de Galicia; e a Federación Ciclismo Galego.
Nas redes sociais poderase seguir toda a información cos hashtag #Barbanzarousa e #ChallengeBarbanzaAOrixe. Más información en www.barbanzarousa.gal
SELECCIÓNS
CARRETERA
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
CARRETERA
CARRETERA
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es