Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Uxía Soto e Iván Feijoo destapan a Copa Galicia XCO en Penas de Rodas

23 DE MARZO DE 2025

O Avanza-O Porriño impúxose por equipos no circuíto de Outeiro de Rei

Uxia-Soto-e-Ivan-Feijoo-destapan-a-Copa-Galicia-XCO-en-Penas-de-Rodas

Fotos: Luz Iglesias

A primavera no noso BTT é sinónimo da Copa Galicia XCO. Aínda que o tempo foi máis propio do inverno, o certame autonómico de Cross Country Olímpico iniciou este sábado o seu calendario 2025 no concello lucense de Outeiro de Rei. Tres anos despois o circuíto de Penas de Rodas volveu acoller unha proba puntuable e a ofrecer espectáculo cos seus saltos e os seus sectores de enormes rochas. Un parque de atraccións para bikers que percorreron preto de 250 participantes e no que se repartiron as primeiras trece camisolas de líderes da temporada.

Co evento do Team Bike Outeiro de Rei púxose en marcha unha nómina de dez citas e, tal e como aconteceu o ano pasado en Coirós, Iván Feijoo (Academia Postal-Maceda) encargouse de destapar a Copa Galicia XCO na carreira raíña masculina. O corredor Elite de Allariz venceu con 2:53 de marxe respecto a Luis Fernández Oliveira (Avanza-O Porriño) e avantaxou en medio minuto máis ao vencedor sub-23 Martín Díaz (XSM). O triunfo júnior obtívoo Mauro Vega (Coruxo).

imagen

O resto de vitorias masculinas no trazado lucense asináronas Mateo Hermida (Lynalfa-Ponteareas) en Infantil, Guillermo García (Avanza-O Porriño) en Cadete, Manuel Ángel Parada (Xesteiras) en Máster-30, Fermín Leira (Pulpeiros) en Máster-40, Miguel Ángel Arias (Extol-Zambora.es) en Máster-50 e Óscar Lorenzo (Bici Verde) en Máster-60. 

O seu nome como gañadora elite e sub-23 feminina inscribiuno Uxía Soto (Extol-Zambora.es). A ponteareá impúxose con total autoridade por diante das tamén sub-23 Nerea Martínez (Avanza-O Porriño) e Yaiza Vila (Creto Bikes), segunda e terceira respectivamente. A camisola de líder júnior recibiuna no podio Lara Pita (Planet MTB).

imagen

A infantil Lara Fernández (Cambre) e a cadete Iris Santana (Coruxo) completaron a listaxe de bikers que subiron ao chanzo máis alto. A táboa por equipos encabezouna o Avanza-O Porriño. 

A Copa Galicia XCO continuará o vindeiro sábado co III XCO Vila de Cuntis. Toda a información sobre este certame podes atopala nas redes sociais a través do cancelo #CopaGaliciaXCO25 e na súa sección dentro da páxina web da FCG.

imagen

Clasificacións 

GALERÍA DE FOTOS

Uxía Soto e Iván Feijoo destapan a Copa Galicia XCO en Penas de Rodas
Uxía Soto e Iván Feijoo destapan a Copa Galicia XCO en Penas de Rodas
Uxía Soto e Iván Feijoo destapan a Copa Galicia XCO en Penas de Rodas
Uxía Soto e Iván Feijoo destapan a Copa Galicia XCO en Penas de Rodas
Uxía Soto e Iván Feijoo destapan a Copa Galicia XCO en Penas de Rodas
Uxía Soto e Iván Feijoo destapan a Copa Galicia XCO en Penas de Rodas
     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es