24 DE ABRIL DE 2025
O municipio ourensán de Verín acolle esta fin de semana a segunda cita puntuable da Copa de España de Descenso. Preto de 200 pilotos daranse cita nun evento internacional, da clase UCI C2, organizado polo Club Ciclista Bicicletas Chinquena Racing Team, xunto ao Concello de Verín, que ofrecerá un atractivo trazado de 1780 metros de lonxitude e 340 metros de desnivel.
Jack Piercy e Ella Conolly dominan o circuíto tras as súas vitorias na primeira proba celebrada en Sant Andreu de la Barca, aínda que non estarán presentes no Val de Monterrei. Si estarán en Verín contrastados pilotos como o campión estatal Dani Castellanos, Orion Kirchmayer, Nacho García, Jon Pardo, Natalia Menéndez, Kira Zamora, Mireia Pi, ou os vencedores na proba ourensán o pasado ano, Sara Yusto e Yelco Romero.
O sábado terán lugar os adestramentos oficiais, mentres que a competición arrancará o domingo ás 9:15 horas coas distintas clasificatorias.
BTT
BTT
BTT
BTT
BTT
FORMACIÓN
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es