11 DE ABRIL DE 2024
A localidade pontevedresa de Moaña acolleu a pasada fin de semana o Endurrazo 2024, a segunda cita dunha Copa de España de Enduro que se estenderá ata o 19 de maio, cando se bote o peche ao circuíto estatal coa Montefaro Enduro Race.
Ao redor de 300 participantes citáronse no municipio morracense para disputar unha Copa de España cun tramo nocturno cronometrado o sábado e o resto da acción concentrada na xornada dominical.
Antonio Ferreiro mostrábase como o máis rápido en categoría absoluta, avantaxando en cinco segundos ao segundo clasificado, Marco Veiga, e en sete ao terceiro en discordia, Edgar Carballo. No que respecta ás mulleres, Sara Yusto impoñíase na clasificación absoluta feminina superando en dous segundos a Alba Arias e en 19 a Natalia Menéndez.
Deste xeito, Sara Yusto pasa a comandar a xeral do certame estatal con 355 puntos, con Alba Arias como segunda clasificada con 295 puntos e Natalia Menéndez terceira con tamén 295 puntos. En canto aos homes, Marco Veiga lidera a clasificación xeral da Copa de España con 350 puntos polos 283 de Edgar Carballo e os 232 de Bruno Jiménez.
Resto de gañadores do Endurrazo:
Cadete: Álvaro Le Page
Júnior: Bruno Jiménez
Júnior fem.: Natalia Menéndez
Sub23: David Fernández
Sub23 fem.: Lara Palacio
Máster 30: Santos Lemos
Máster 40: José Manuel López
Máster 50: Marcos Araujo
Máster 50 fem.: Angelica García
Máster 60: Miguel Ángel Taus
A próxima cita da Copa de España de Enduro terá lugar en Puntallana (Santa Cruz de Tenerife) o 20 de abril.
Fonte: RFEC
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
BTT
BTT
BTT
BTT
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es